Post date: Apr 8, 2018 7:22:08 PM
Os traballos arqueolóxicos en Segovia permitiron sacar á luz restos da antiga cidade romana de Confloenta, como termas de gran tamaño ou un mosaico policromo que se poderá visitar este verán. O obxectivo dos traballos arqueolóxicos nesta zona, ubicada en Duratón, é poñer en valor e dar a coñecer os vestixios dun territorio no que confluíron a cidade romana, as tumbas visigodas e a igrexa románica de Duratón.As escavacións realizadas en Confloenta permitiron asegurar a existencia dunhas grandes termas públicas, denominadas termas do sur. Os traballos permitiron documentar e sacar á luz 450 metros cadrados destas termas, que se calcula que puideron ocupar unha extensión de entre 2.000 e 3.000 metros cadrados.O obxectivo da Diputación de Segovia é continuar cos traballos de musealización deste xacemento para dalo a coñecer como un elemento máis da riqueza patrimonial da provincia. De feito, a institución provincial e o Consistorio de Sepúlveda acometerán a restauración dunha zona do antigo colexio "Virgen de la Peña" como sede do taller arqueolóxico de Duratón.
Fonte e imaxe | elnortedecastilla