Post date: Mar 13, 2017 5:19:54 PM
Un sarcófago de mármore duns 1.700 anos de antigüidade foi usado como maceta 200 anos no pazo de Blenheim. Esta peza foi levada ao pazo polo quinto duque de Marlborough e o seu valor estímase en 300.000 libras.
Ata fai pouco atopábase nos xardíns do pazo, pero cando o descubriu un experto en antigüidades douse conta de que aquela maceta era realmente un ataúde de mármore branco. Posteriormente levouse a cabo un proceso de restauración e agora exponse no interior da residencia.
O obxecto pesa 400 kg e mide dous metros de longo. Nel aparece representado un Dionisio borracho xunto con Hércules, Ariadna e dúas cabezas de león.
A restauración foi levada a acabo por Nicholas Banfield, que afirmou que o sarcófago estaba nunha condición notable, tendo en conta o ambiente no que estivo exposto 200 anos.
Fonte e Imaxe| La Vanguardia