Valencia exhibe o sexo na Antiga Roma

Post date: 29-ene-2017 12:31:40

Prostitución, adulterio, posicións sexuais, homosexualidade, bisexualidade, sexualidade divina... Nada se escapa á mostra artística de 'El sexe a l'època romana'  que exhibe o Museu de Prehistòria de València ata o próximo 30 de abril.Durante a sua presentación, o deputado de cultura Xavier Rius, augurou que se trata dunha mostra que terá moita acollida polo contido que trata, e que está dirixida esencialmente a un público adulto.

A mostra divídese en tres ámbitos: o primeiro ámbito chámase 'Sexo e matrimonio', dedicada as relacións entre parellas. O segundo recibe o nome de 'Prácticas sexuais', na cal se describe as diferentes formas de desfrutar o coito documentadas na sociedade romana. E por último, 'Sexo, sedución e beleza', que aborda a atracción física e os recursos que se podían empregar para seducir á persoa desexada.

Seguidamente, o visitante trasládase dende o mundo humano ata o mundo dos deuses. Neste apartado, aparecen mostras que demostran que a sexualidade diviña servía como pretexto para xustificar a vida sexual dos humanos.

Ademais disto, os visitantes poderán atopar mencións a autores clásicos como Ovidio, Séneca, etc., que lle darán consellos sexuais e tamén poderán atopar obxectos como a Venus de Badalona, o falo de Sasamón, o vaso de Bíbilis, etc.

Fonte e imaxe I La Vanguardia