Post date: Jun 3, 2017 2:40:51 PM
Unha cabeza de escultura romana foi achada en Caldes de Montbui durante as escavacións arqueolóxicas dos antigos baños termais do municipio. O equipo de arqueólogos dirixido por Pere Artigas descubriu a cabeza de mármore branco, que pertencera a unha escultura completa a tamaño real, nas novas escavacións que se realizan para a reurbanización da praza da Font del Lleó.A catedrática do departamento de Ciències de l’Antiguitat i de l’Edat Mitjana da Facultad de Filosofía i Lletres de la Universitat Autònoma de Barcelona (UAB), Isabel Rodà de Llanza, será a encargada de estudiar a cabeza achada e determinará a súa procedencia e data para poder identificala, xa que de momento só hai unha hipótese sobre se se podería tratar da imaxe dunha divindade vinculada coas augas termais.Fonte e imaxe | El Mundo