Post date: May 19, 2015 6:39:21 PM
Albóndigas de faisán, avestruz guisado, flamenco asado. As receitas da antiga Roma que chegaron ata nós suxiren que tales manxares servíanse nos banquetes de postín.
Pero os arqueólogos que rebuscaron nos desfeitos da historia -vertedoiros, alcantarillas,
pozos negros- cren que tan exóticas delicadezas eran unha rareza e que, en xeral, os romanos consumían alimentos comúns producidos na súa zona, parecidos aos que comen hoxe os italianos.
Na cidade costeira de Herculano, nunha alcantarilla que funcionou ata a erupción do Vesubio no ano 79 de nosa era, os arqueólogos localizaron infinidade de pistas sobre a dieta dos seus habitantes: identificaron 114 alimentos diferentes: 45 peixes distintos, así como restos de porco, cordeiro, polo e unha ampla gama de finas herbas, froitas frescas, froitos secos e cereais.
Michael MacKinnon, da Universidade de Winnipeg, estudou nas ruínas de Pompeia sobras da carne predilecta dos romanos: o porco. Ricos e pobres consumíana por igual. «Todos se levaban unha chuleta de porco á boca, só que o rico seguramente a aderezaba con especias máis caras», di.
Foto e Información: NationalGeographic