Post date: May 20, 2018 9:44:32 PM
Durante unhas escavacións no metro de Roma, atopáronse os restos dunha casa romana pertencente ao século II d.C. Estos edificios foran construídos polo emperador Adriano. Este descubrimento tivo lugar na zona da basílica de San Juan de Letrán, onde antigamente se situaba o barrio militar.Este novo achado atópase a doce metros de profundidade e está calificado de extraordinario. O edificio principal forma unha área rectangular e ten unha extensión duns trescentos metros, no cal hai unhas catorce habitacións ao redor dun patio central, con fonte e piscinas. Os arqueólogos cren que se trata da casa dun comandante, xa que ten unha decoración moi refinada, algo non moi propio dos soldados. As instalacións atopábanse en moi bo estado e mesmo se atoparon pequenos obxectos femininos.Fonte| ABC