Post date: Jan 26, 2015 7:35:11 PM
Os carabinieri recuperon un botín de ánforas e vasos gregos valorados nuns 50 millóns de euros.
A peza máis valiosa é unha fermosa ánfora corintia do século VI a.C. decorada con figuras negras que representa o mito de Teseo, unha obra de arte roubada dunha necrópolis etrusca.
Hai centos de vasos, ánforas e kylix. É un botín de máis de 5.000 obxectos arqueolóxicos, o maior xamáis recuperado nunha soa operación, por un valor total de 50 millóns de euros, obtido como resultado final dunha investigación internacional levada a cabo pola policía de bens culturais.
Fonte: ANSA