Post date: 03-mar-2015 19:38:29
Tras o pasado descubrimento dos restos arquitectónicos dun edificio público da antiga Astigi romana no entorno de Plaza de Armas, en Écija (Sevilla), o ayuntamiento informou este luns de novos descubrimentos arqueolóxicos relacionados con estas ruinas. A zona arqueolóxica de Plaza de Armas foi o escenario do descubrimento dos impresionantes e espectaculares indicios dun edificio público de época romana. Según informa o Ayuntamiento astixitano, o arqueólogo director destas excavacións atopou unha habitación pavimentada en mármore en opus sectile dentro das estructuras de este edificio. Trátase dunha especie de mosaico, feito con trozos xeométricos de mármore dun colorido excepcional e procedentes de distintas áreas do mediterráneo. Ademais señala o encontro doutra estructura romana encontrada na parte sureste do xacemento. Trararíase dun impluvium, que servía para captar as augas da chuvia e levalas a unha cisterna subterranea para o seu almacenamento.
Fonte: ABC