Post date: Sep 29, 2014 6:18:56 PM
Ábrense ao público uns edificios en Pompeia. A oferta foi ampliada a dez novas domus, cerradas por falta de persoal de seguridade. A contratación de trinta novos vixiantes, entre as 9.000 solicitudes, permitirá que os turistas accedan a edificios que non se veían desde fai anos. Entre os edificios máis importantes abertos agora de forma estable figuran as Termas suburbanas, que estiveron cerradas nos últimos tres anos. É posible admirar outras salas para baños fríos e quentes noutros edificios pompeianos, pero estas Termas suburbanas contan cunha especial atracción: pinturas eróticas, unha especie de Kamasutra ou catálogo erótico da época, como en ningún lugar da Roma imperial se vira.
Imaxe e noticia do periódico ABC.