Post date: Mar 7, 2018 5:51:08 PM
A semana pasada, debido ao forte temporal que amenazou a costa atlántica de Andalucía, saíron á luz restos arquitectónicos. En concreto, encontráronse os restos dunha calzada do século XVII e dun acueduto de época romana, todos eles moi deteriorados.
Este acontecemento tivo lugar na praia de Cortadura. Algúns dos visitantes chegaron incluso a escavar nas inmediacións coa idea de levarse un recordo ou de descubrir que máis había baixo a area da praia. Foi en este punto cando interviñeron os traballadores da Asociación para a Difusión e Investigación do Patrimonio de Cádiz (Adip), que puxeron freo a actividade dos curiosos. Finalmente, a policía local pechou a zona para que os arqueólogos municipais puideran entrar a constatar o valor do achado e ofrecer unha primeira interpretación.
A calzada dos séculos XVI e XVII foi destruída por un maremoto. Máis interesante resultan os restos dun acueduto do século I d.C. construido en tempos da dinastía Xulio-Claudia. Deste acueduto decíase que era un dos máis longos de Hispania, aínda que apenas quedaron restos de él. É posible ademais que baixo a vía de época dos Austrias se encontren restos dun camiño medieval e dunha calzada romana.
Imaxe e fonte | El País