Post date: Dec 6, 2016 6:16:15 PM
Os traballadores do equipo arqueolóxico encontraron probas evidentes do paso do exército romano pola vía da Mesa. Fixeron estas investigacións en Somiedo e Teverga.
Comezaron os primeiros días de investigación en Teverga. Neste lugar tamén encontraron restos da Guerra Civil española a parte dos do exército romano.
Pouco a pouco foron encontrando máis restos romanos como por exemplo unha agulla, que parece ser formaría parte dun coitelo, e pezas de ferro, que usaban os romanos para as tendas dos seus campamentos. O ano que ven van volver para seguir coa investigación porque din que tal vez o recinto fora ampliado.
Despois trasladáronse a Somiendo onde, a pesar de que tardaron máis en encontrar probas, puideron atopar unha peza que encaixaría nun mástil de madeira. Ainda que tamén puideron localizar outros fragmentos do equipamento militar.
Imaxe | La túnica de Neso