Futbol e latín

Fútbol en twitter e en latín!

O CD Barco, equipo da Terceira División galega, convertiase en octubre de 2015 no primero club español en contar cunha conta oficial de Twitter escrita en latín, iniciativa que, a día de hoxe, ten casi medio millar de seguidores.

A conta forxouse grazas ao empeño de Xabier Roo e da sua muller Emilia Calvo, ambos filólogos.

Descubrir a conta en romano de afecionados do Real Madrid (Regia Matritensis) animóu a Roo a plantexar este reto ao presidente do club e, co seu visto bo, creou «Forum L. Barcense (@cdbarco_latin)», a primeira conta oficial en latín dun club deportivo de España. 

Dende aquí narran as alineaciones, cantan os goles, e informan das victorias e derrotas do seu equipo

Como convertir cada partido nun clásico

Minuto 10 do partido entre o Barça e o Celta de Vigo no Camp Nou. Marca Ousmane Dembélé aproveitando un rexeitamento do porteiro galego tras unha combinación entre Leo Messi e Jordi Alba. 

"Metaaaaammmmm! DeuX et Alba, ut semper, inter eos follem tranmisserunt. DeuX in portam iactum fecit, sed portarius Gallaecus follem repulsit. Dembele follem sub cruribus portarii immisit. Barcino I – Celtica nihil".

O fútbol pódese contar de moitas maneiras. Tamén en latín. Guillem Cintas, profesor de linguas clásicas nun instituto de ensinanza secundaria de Capellades e co autor do 'Diccionari manual Grec clàssic-Català' (Vox), leva máis de tres anos facéndoo na conta de Twitter @BarcinoPS, dende na que relata na lingua de Catulo nos partidos da Societate Pedifolli Barcinone (no que no dialecto romance se coñece como Fútbol Club Barcelona).

Latín na Premier League

Queremos tratar aquí da presencia dos latinismos en lemas ou escudos, concretamente nos escudos dos clubes de fútbol da liga inglesa, e de como aportan ese plus de prestixio que se persegue (aínda que non sempre garanta a consecución dos 3 puntos...!). 

Aquí vai un exemplo. O  Barnsley FC luce na súa enseña o seguinte lema: Spectemur agendo, "sexamos vistos en acción", no sentido de "que nos xuzguen polos nosos actos".

Trátase dunha cita do poeta latino Ovidio, que no libro XII da súa obra "Metamorfoses" fai dicir ao heroe Aiax:

Denique (quid verbis opus est?) spectemur agendo! (Entón, que necesidade hai de palabras? Que nos vexan en acción!)

Neste caso o famoso lema non é exclusivo dun clube de fútbol, o Barnsley FC, senón que tamén podemos atopalo en algún rexemento do exército inglés, en diversos condados de Londres ou mesmo nunha High School.

Escudos de clubes con lemas en latín

Victoria concordia crescit

Arsenal

"A victoria medra coa concordia"

É o lema do antigo escudo do Arsenal, que cambiaron en 2002, e significa que para gañar teñen que estar unidos, cunha relación e proporción axeitada.

Superbia in Praelia

Manchester City

"Orgullo no combate"

Este é o lema do antigo escudo Manchester City cambiado recentemente por un sin lema ningún.

Arte et labore

 Blackburn Rovers

"Con arte e traballo"

No sentido de que con unha actitude positiva, talento e esforzo se pode chegar ao máis alto, e superarse a un mesmo. Pertence ao equipo de fútbol Blackburn Rovers.

Spectemur agendo

Barnsley FC

"Sexamos vistos en acción". 

Isto é o significado que estas dúas palabras latinas teñen na parte de abaixo deste clube anglosaxón, que nos di que cada un debe de ser xulgado únicamente polos actos que poidan considerarse como propios dalgunha persoa determinada.

Audere est facere

"Querer é poder" 

Este lema quere dicir que con ganas e unha boa actitude podense conseguir os resultados desexados. Pertence ao equipo de fútbol Tottenham Hotspur.

Este latinismo é coñecido principalmente por ser o lema deste equipo pero tamén se empregou para darlle nome a unha famosa escola de Montevideo, Uruguay, coñecida como  

"Escuela Audere Est Facere"

Nil satis nisi optimum

"Nada e suficiente se non é o mellor"

Este lema pertence ao equipo Everton e significa "Nada excepto o millor é suficientemente bo" o que quere mostrar un espíritu de superación e de facelo o millor posible.

Confidemus

Kilmarnock Football Club

"Confiemos"

Este é o lema de leva o KilMarnock Football Club, equipo da Liga Premier de Escocia, lema o cal quere dicirnos que se teña confianza nas circunstancias para poder seguir adiante cos obxectivos.

Domus clamantium

Gillingham Football Club

"A casa dos homes que berran"

Frase visible no escudo deste equipo inglés. Esta frase fai referencia ó carácter da maioría dos habitantes da cidade de Gillingham e tamén para inspirar devoción por parte dos afficionados e motivación por parte dos xogadores.

E pluribus unum

Benfica F.C

"De entre moitos, un"

Inscripción no escudo do Benfica Football Club. Este lema quere falarnos sobre a grandeza do club e como se ergue sobre os demais.

Consilio et animis

Sheffield Wednesday F.C

"Con prudencia e valor

É o lema pertencente ao Sheffield Wednesday Football Club. O significado deste lema é que con valentía e intentando ser máis intelixente ca o rival podes conseguir a victoria.

Vincit omnia industria

Bury F.C.

"O traballo vénceo todo"

É o lema do equipo inglés Bury fc. Refírese ao traballo duro, ao esforzo e ao empeño que serve para conseguir todo o que nos propoñamos.