O exército era unha máquina de matar perfectamente adestrada. Os soldados movíanse de acordo coas ordes enviadas polos oficiais mediante sons producidos por tubas ou trompas (semella que o dos silbatos na escena inferior da serie "Roma" non ten moito rigor histórico).
A súa disciplina e orde en combate e o seu equipamento facíaos imbatibles fronte aos pobos bárbaros.
O equipo persoal no exército romano caracterizouse por ser producido en grandes cantidades e en serie, conforme a deseños xa establecidos e para que fose utilizado dunha forma concreta. Estes deseños e usos específicos recibían o nome de res militaris ou disciplina. A práctica regular no emprego do equipo durante as épocas abarcadas pola República e o Imperio romano levaron á excelencia militar e a un gran número de victorias no campo de batalla. A palabra exército, pola súa parte, procede do latín exercitus, que á súa vez é un vocablo que fai referencia ao exercicio.
Os romanos son conocidos por tomar prestadas as ideas sobre armas dos seus inimigos. Inicialmente utilizaban armas de estilo grego ou etrusco e, ao enfrentarse aos celtas, adoptaron o seu equipamento. Para derrotar aos cartaxineses, por outra parte, construíron unha flota completa basada no modelo cartaxinés. Unha vez adoptada unha arma, estandarizábase.
Vexamos unha listaxe do equipamento militar básico dun soldado romano:
scutum (escudo longo, rectangular)
parma (escudo redondo e máis pequeno)
cassis/galea (casco)
lorica (cota de malla)
caligae (sandalias)
pugio (daga)
gladius (espada)
pilum (xabalina)
hasta (lanza)
cingulus (cinto)
Testudo (Unha formación clásica á hora do combate era a tartaruga, en latín Testudo)
(ver animación da equipación do lexionario)
scutum (escudo longo, rectangular)
caligae (sandalias)
gladius (espada)
Signum (estandarte)
Testudo
Lorica segmentata no Arde Lucus. Imaxe de Dives Gallaecia en Flickr.
cassis/galea (casco)
pugio (daga)
pilum (xabalina)
Vexillum (bandeira)
Formación da testudo
O asedio a cidades era moi común nas guerras que libraban os romanos.
Intentaban conquistalas privándoas de comida e auga, e finalmente atacaban mediante as máquinas de guerra descritas máis abaixo: catapultas, torres de asedio, grandes ballestas e arietes, etc.
O exército romano dispuña de un variado arsenal de armas e máquinas de guerra, en latín tormenta. Estas que veñen a continuación son un exemplo.
Aries (Os arietes servían para derrubar murallas e defensas dos inimigos. O seu nome vén de aries, etis: "carneiro".)
Ballista (especie de ballesta xigante)
Scorpio (unha Ballista máis pequena e manexable)
Onager (pequena catapulta)
Signum (estandarte)
Vexillum (bandeira)
Vinea (mantelete, protección durante o asedio)
Turris (As turres (turris, is: "torre"), eran torres de vixianza, en ocasións de defensa, construídas polos enxeñeiros romanos e situadas en lugares altos coa misión de vixiar lugares estratéxicos tales como calzadas ou villas particulares. De estructura sinxela soen ter planta redonda ou cadrada, con dous pisos de altura, estando elaboradas con pedras locais; algunhas delas foron aproveitadas na época árabe para a mesma función: vixianza de camiños e accesos.)
Turris reconstruída no Arde Lucus. Imaxe de Dives Gallaecia en Flickr.
Reconstrución dunha vinea con un Aries no Arde Lucus. Imaxe de Dives Gallaecia en Flickr.
Onager reconstruído no Arde Lucus. Imaxe de Dives Gallaecia en Flickr
Aries (para derribar portas ou muros)
Scorpio (Ballista portátil)
Ballista (especie de ballesta xigante)
Técnicas de asedio
Onager (pequena catapulta)