Eran unhas taboiñas de madeira recubertas de cera onde se escribía. Utilizáronse como unha superficie de escritura reutilizable e portátil na Antigüedade e na Idade Media.
Nas cartas de Cicerón faise referencia ao uso da cera e algunhas taboiñas están depositadas na fortaleza romana de Vindolanda, no Muro de Adriano. Moitas destas táboas medievais tamén se conservan en distintos museos europeos.
Tamén era utilizado o chamado Abacus, un instrumento de cálculo que consiste nun cadro de madeira, mármore ou pedra calcaria, que leva bólas enfiadas en arames.
O stilus era un instrumento de ferro (Ov Met IX.521 ; . . Martial , XIV.21 ), parecido a un lápis no tamaño e na forma, usado para escribir en taboiñas de cera (Plaut Bacch IV.4.63 ; . . . Plin H. N. XXXIV.14 ). Tamén podemos atopar stilus de óso, madeira e outros materiais.
Nun estremo afíase para escribir os caracteres da cera (Quintil . I.1 § 27 ), mentras que o outro estremo, que é plano e circular, serve para facer que a superficie das tabletas sexan lisas de novo, e así eliminar o escrito.
Polo tanto, vertere stilum significa borrar e Vertas stilum precepto saepe significa significa corrixir. (Cic. VERR II.41).
Era un instrumento de escritura para escribir con tinta (Atramentum ), feito normalmente dunha cana oca, aínda que tamén os había de pluma de ave ou mesmo de bronce, utilizado por aquelas persoas que xa dominaban a arte de escribir.
O cabalo de madeira
Na época romana a maioría dos xoguetes estaban feitos de madeira. Poucos deles puideron sobrevivir ao paso do tempo. Un deles é este cabalo de madeira procedente de Exipto, que chegou ata nós grazas ó clima seco da rexión.
Os nenos e nenas romanas tamén xogaban con bonecas, que podían ser de terracota (barro cocido) ou de madeira. No caso destas últimas tratábase de bonecas articuladas en brazos e pernas mediante espigas e muescas. Todas están núas, aínda que unha delas, a que se conservaba máis completa, ía calzada con escarpíns.
A que vemos na imaxe inferior, atopada en Tarragona e coñecida como Nina d'ivori, leva un peiteado en forma de recolleito baixo con trenzas ou mechóns na parte traseira, realizado mediante incisións e reticulado.
Segundo avanza a cronoloxía, estas bonecas de xoguete, que estaban posiblemente pintadas e viñan vestidas, calzadas e ás veces enxoiadas, tenden á esquematización.
Foi un xogo moi popular. As canicas estaban feitas con barro cocido, ou pedriñas redondas, en ocasións debuxadas. Atopáronse tamén canicas feitas de vidro transparente. Foi tan popular que ata o mozo Octaviano -futuro emperador César Augusto-, baixaba da súa lectica ("liteira") para xogar cos nenos da rúa.
Para xogar ás canicas eliximos unha superficie de terra. Sobre o chan debúxase un circulo, e sobre o seu contorno colócanse canicas que son apostadas polos distintos xogadores. O obxectivo é lanzar por quendas canicas cara ó círculo, intentando sacar as canicas que están dentro del.
O xogo consiste en conducir o aro empuxando e dirixíndoo co gancho por todos os sitios posibles. Os máis hábiles poderanos conducir por sitios máis difíciles, mentres que os que están aprendendo, farano por sitios cháns.
Eran probablemente o xogo máis popular entre os adultos da época romana. Os dados romanos eran moi similares aos actuais; tratábase de cubos con cada unha das súas caras marcadas cunha puntuación do un ao seis.
Estes son dous xogos que se facían con estes dados:
Iactus Tres: Trátase dun xogo de superación. Cada xogador lanza os dous dados tres veces e elixe a tirada máis alta de entre os tres resultados, sumando os puntos de ambos dados. O xogador coa tirada máis alta é o ganador.
Unus ut Duo: O primeiro xogador lanza un dado. Os demais xogadores lanzan os dous dados dun nun, seguindo a regra da man dereita (sentido antihorario). O xogador que consiga igualar a tirada do primeiro xogador con ambos dados gaña, e convértese no xogador que lanza un só dado na seguinte man.
En moitas moedas romanas aparecía gravada nunha cara a cabeza dunha divindade ou dun gobernante, e na outra a figura dunha nave, que simbolizada a prosperidade e riquezas do comercio. A súa forma de xogar é idéntica á nosa.
A moeda é lanzada ao aire por un dos participantes ou por unha terceira persoa, procurando que a moeda vire rápidamente. Mentres a moeda está no aire ou antes de lanzala, un dos participantes di a súa elección para adiviñar que lado quedará cara arriba: quen acerte será o gañador.
O xogo das tabas, xogo da taba, ou simplemente, tabas ou taba, é o nome que reciben distintos xogos infantís e de azar consistentes no lanzamento duns ósos (ou tabas) a modo de dados. O nome científico destes ósos, normalmente procedentes da parte posterior das patas dun animal, é astragalus, ("astrágalo"). En latín o nome deste xogo era tali (de talus, i: talón, nocello).
Desde a antigüidade utilízanse as tabas dalgúns animais, particularmente as das patas traseiras do cordeiro (duns 3x2 cm), para a práctica de diferentes xogos, varios infantís pero outros xogos adultos de azar.
En Roma, tamén se xogaba á taba, sobre todo no relacionado coa sorte e como práctica adivinatoria. Coa cristianización do mundo pagano, o xogo foi perdendo popularidade. Aínda que os nenos seguiron xogando ás tabas, lanzándoas e colléndoas no aire como mostra de reflexos e habilidade. Algúns grupos de adultos lanzábanas de forma similar aos dados e así utilizaban a taba para apostar.