Post date: Nov 27, 2015 10:20:04 PM
O Concello de Roma prohibiu aos 'gladiadores' e 'centurións' que se gañaban a vida sacando fotos cos turistas no Coliseo, no panteón ou nos Foros Imperiais. Estos falsos personaxes chegaban a gañar 300 euros ao día. O Concello decidiu prohibilos debido a que moitas veces se comportaban de forma pesada, inoportuna e ata agresiva. O prezo dunha foto variaba dende os cinco, dez ata os vinte euros. Os falsos centurións sempre intentaban subir o prezo da foto o máis que podían. Esta actividade ilegal estaba moi extendida en Roma, polo que o novo alcalde decidiu prohibila. Tamén prohibiu os triciclos para o transporte de persoas e a revenda de entradas para museos co obxectivo non facer cola.
O alcalde esixiulle á policía que garantice todas as novas normas; as persoas que incumpran estas regras serán sancionadas con multas de 400 euros.
Fonte: ABC