Post date: Nov 29, 2016 9:15:55 PM
O equipo do Museo de Londres investigou a orixe de 22 individuos enterrados no antigo cemiterio da cidade entre os séculos II e IV d.C. Tras o estudo, descubriron que dous deles proviñan, case seguro, de Asia, probablemente da China. Dada esta información, pregúntanse que facían aqueles dous chinos vivindo no Londres romano.Tras estudar os esqueletos, chegaron á conclusión de que estas dúas persoas posuían ancestros asiáticos e non pasaron as súas infancias en Inglaterra. Non é a primeira vez que aparecen asiáticos no antiguo Imperio, pero si en Gran Bretaña. Os estudos realizados revelan que moitos dos residentes do Londres romano posuían ancestros procedentes de diferentes zonas do Imperio.Os romanos apreciaban moito as sedas que os asiáticos comerciaban e esta era moi cobizada e desexada no Imperio, polo cal se cre que os chinos podían ter sido comerciantes. De todas formas, a pesar de non poder saber as razóns polas que estaban alí, saberase con exatitude de onde proviñan unha vez realizadas as probas de ADN.
Imaxe e fonte | El País