Achan restos dun desaparecido Arco de Tito

Post date: 01-jun-2015 19:45:58

O reinado do emperador Tito foi, aínda que breve, un dos máis gloriosos dos que a tradición literaria deixou constancia. A súa xuventude, a súa bondade e a súa cercanía ao pobo ficeron del un emperador moi querido. Tito seguiu os plans trazados polo seu pai Vespasiano antes de morrer, nos que se incluían grandes proxectos de construción na cidade de Roma. Destes monumentos consérvanse moitos como o Anfiteatro Flavio, coñecido en todo o mundo.

Outros monumentos perdéronse co paso do tempo. Este parece ser o caso dun enorme arco do triunfo erixido por Tito para conmemorar as súas victorias nas cercanías do Circo Máximo, unha construcción da que non se soubo nada durante séculos pero grazas aos arqueólogos que traballan hoxe en día na cidade de Roma pode estar a punto de sair á luz.

Polo momento, pouco se manifestou do descubrimento dos restos deste arco, máis alá dunha serie de características técnicas e das dificultades cas que se desenrolaron as excavacións. Parece ser que o arco podía ter dezasete metros de altura e quince de profundidade. Segundo os restos encontrados, o Arco de Tito estaba constituído por tres arcadas sobre as cales se alzaría unha tribuna á que se podería acceder por unha escaleira.

Os restos encontrados ata o momento serán sepultados de novo para tratar de conservalos ata que os especialistas encontren financiación e desenrolen un proxecto para sacalo á luz de forma segura.

                                                                                         Área do Circo Máximo nunha maqueta

Fonte: La Vanguardia