Hoxe en día a incineración crece máis e máis. No ano 2016 a opción de incineración foi dun 40,33%, mentres que no ano 2015 foi dun 36,25%, o que nos indica que esta opción cada vez vai máis en aumento, sobre todo se o comparamos co ano 2005 no que o porcentaxe de incineracións foi dun 16%. Estos datos son aportados pola Asociación Nacional de Servicios Funerarios (Panasef).
Segundo estes datos a incineración triunfa máis nas cidades que nos pobos, xa que prácticamente todas as capitais de provincia arroxan porcentaxes do 50% e 60%.
Sevilla destaca como a capital co porcentaxe de incineracións máis baixo, un 70%. Andalucía conta coa cuarta parte dos 380 fornos crematorios de España.
Fonte | El País, 1 de Novembro
Fai 350.000 anos que o ser humano ten conciencia da morte. Ao comezo o que se facía era enterrar a persoa, en posición fetal, nun burato que se construía no chan. Co tempo esta práctica seguiuse realizando ata a aparición dos megalitos, que foron os primeiros monumentos funerarios construídos polo home.
Ao longo da historia os seres humanos realizaron outro tipo de monumentos funerarios como as pirámides exípcias, os templos maias ou os mausoleos romanos.
Aínda que o enterramento é o rito funerario máis común ao longo da historia, actualmente tamén están tomando moita importancia as incineracións. Esta práctica xa se realizaba na antiga Roma, e dende uns anos atrás volve a ser un rito dos máis comúns.
As causas máis comúns de morte rexistradas nos últimos anos foron:
Complicacións no embarazo: 4.5%
Accidentes de tráfico: 3%
Diabetes: 3%
Cáncer: 6%
Diarrea: 7.5%
Sida: 7.5%
Enfermidades pulmonares crónicas: 6.5%
Infección no aparato respiratorio: 10.5%
Ataques ao corazón: 17.5%
Isquemia: 17%
Preparación: o corpo vístese con roupa nova e adórnase; a cara píntase de vermello.
Enterramento: ábrese unha cavidade na parte superior da caixa para permitir que o espírito entre e saia. O corpo entérrase con comida, utensilios básicos e tabaco.
Crenzas sobre o que pode suceder despois: o espírito mantense no sepulcro antes de partir cara a Via Láctea, donde vive o creador; a alma reencárnase en algunhas ocasións.
Preparación: en ocasións, o corpo é embalsamado para que a familia e os amigos poidan despedirse. Ás veces molláse o ataúde con auga bendita.
Enterramento: o cadáver entérrase no interior dun sarcófago nunha tumba. A inceneración é unha práctica cada vez máis estendida e aceptada.
Crenzas sobre o que pode suceder despois: as almas en estado de gracia van ao ceo (tras, en algúns casos, un período no purgatorio). As dos pecadores ao inferno.
Preparación: o corpo lávase repetidas veces e, perfumado, con un sudario branco.
Enterramento: a parte dereita entérrase orientada A Meca. Unha pedra ou un ladrillo colócanse debaixo da cabeza.
Crenzas sobre o que pode suceder despois: a alma viaxa ao ceo antes de encarar o xuizo final.
Preparación: o corpo lávase e cúbrese cun sudario para o seu enterramento.
Enterramento: introdúcese nunha sencilla caixa e entérrase o antes posible.
Crenzas sobre o que pode suceder despois: as concepcións varían ampliamente, ainda que a persistencia da alma tras a morte é unha crenza bastante estendida.
Preparación: o corpo lávase, colócase en posición fetal e envólvese nun tea branca.
Enterramento: colócase en un terreo elevado, sin ningún tipo de adorno. Un “rompecorpos” corta a carne en anacos e ofréceselle aos voitres; os ósos ás veces pulverízanse e, mézclanse con fariña de cebada, serve para alimentar ós paxaros.
Crenzas sobre o que pode suceder despois: A mente e a conciencia van pasando por varios estados ata que renacen ou alcanzan a iluminación espiritual.
Esta extraña tradición ten a súa orixe no Tíbet, donde estivo prohibida durante moito tempo ata que nos anos 80 foi recuperada. O seus practicantes apoianse na idea de que o corpo, sen alma, non ten valor ningún. E por iso que entenden que o mellor que lle pode suceder é volver a natureza da que veu.
Preparación: os corpos envólvense con teas de seda.
Enterramento: colócanse en tumbas ancestrais; tras varios anos estráese o corpo, xunto con outros restos da tumba; envólvense con teas novas e participan nun baile de celebración antes de volver a ser enterralos.
Crenzas sobre o que pode suceder despois: o espírito reside na tumba e é capaz da dar boa sorte aos descendentes. Se estos non realizan convenientemente a ceremonia anterior, poden ter unha vida chea de penurias.
Preparación: o corpo lávase (en urina de touro), vístese e é cuberto por unha saba. Un “can de catro ollos” mírao fixamente para asegurarse de que non quedan restos de vida.
Enterramento: é levado ao alto da Torre do Silencio, sen adornos, e exposto ao sol e aos paxaros.
Crenzas sobre o que pode suceder despois: a alma permanece xunto ó corpo durante tres días e tres noites antes de ser levado a ponte Chinvat para o xuizo final e, despois, vai ao ceo ou ó inferno
Preparación: o corpo é lavado, consagrado e vestido con roupa nova.
Enterramento: é incinerado, a menudo nunha fogueira xunto a un dos ríos sagrados da India; as cinzas son depositadas no Ganges ou outro lugar con auga.
Crenzas sobre o que pode suceder despois: a alma reencárnase. O karma de vidas anteriores determina as circunstancias nas que se producirá a próxima.
Preparación: o corpo pode ser pintado con diseños totémicos ou se corta un rizo do cabelo para darllo a un familiar masculino.
Enterramento: algunhas tribus expóñense no corpo nunha plataforma elevada ou unha árbore. Tamén pode gardarse no interior dun túmulo. Recóllense os ósos e entérranse nun lugar sagrado.
Crenzas sobre o que pode suceder despois: as teorías varian ampliamente: algúns creen que a alma entra na terra dos mortos e outros que se funden cos seus ancestros mitolóxicos, coñecidos como ‘os soñadores’
Unha parte das cinzas colócanse en un contedor selado que viaxa nunha nave cara a órbita espacial, cara a superficie luar ou ó espacio exterior.
O cadáver conxélase e sumérxese en nitróxeno líquido ata reducilo en un polvo seco; entonces colócase un campo magnético que extrae todos os metais. Os restos acaban convertidos en compost.
Durante anos tense xestado a lenda urbana de que Walt Disney, poucos minutos antes de morrer, foi crioxenizado. O seu corpo supostamente foi introducido cando aínda estaba vivo nunha cámara e foi conxelado a baixas temperaturas para que cando a ciencia avanzase puidese ser resucitado e sandar o seu pulmón enfermo.
Tradicionalmente, o cadáver envólvese nunha lona a que se lle coloca peso enrriba para que se afunda no mar.
Unha das tradicións funerarias máis impactantes do mundo ten lugar en Filipinas. Alí, distintos grupos étnicos, como o igorot, radicado no Echo Vslley (Sagada), colgan os ataúdes na parde dun acantilado.
Os seus practicantes teñen a crenza de que colocar aos mortos nas zonas máis altas dos barrancos acércaselle ao ceo. En moitos casos, os familiares deciden iniciar o rito cando o cadáver comenzou a gotear os seus fluidos corporais. Esperan este lapso de tempo para untarse estos líquidos polo corpo, e así traspasarse o talento e a sorte da perosa falecida.
Se falamos de despedidas tétricas, non podemos olvidarnos da que practica no pobo Toraja. Trátase dunha etnia indonesa na que é tradición que a familia do falecido conviva con él durante varios meses ou incluso anos.
Este período de espera ten como obxecto conseguir reunir o diñeiro necesario para honrar ao desaparecido conforme o estatus familiar. Mentras aforran, quenes comparten casa co embalsamado danlle de comer, aséano...e é que ata que non recibe as exequias non se lle considera difunto.
O pobo ‘yanomamo ou yanomami’ que habita no Amazonas está convencido de que a morte non é un fenómeno natural, senón que foi provocada por un feiticeiro (chamán) de algunha tribu rival por algún motivo. Por iso, tras un largo período de duelo durante o que intentan averiguar a razón de este desenlace, chega o momento do funeral.
Ese día o cadáver incinérase xunto as súas pertenencias, xa que ven no enterro unha sorte por parte do defunto. Unha semana despois da súa incineración lévase a cabo o reparto das cinzas entres os familiares e amigos.
Por si a repartición non fose suficiente, organízase un rito coñecido como “reahu”, durante o que se elabora unha sopa de plátano para todos coas cinzas.
Seguramente un dos rituais máis asombroso é o que foi levado a cabo a tribu aghori en India. Os seus integrantes están convencidos de que todo é creación de Deus e que por tanto non hai nada impuro. Por iso, cómense a carne e os fluidos dos cadáveres non incinerados, depositados previamente no río Ganges.
Para máis inri, degustan os restos dos seus seres queridos vestindo a súa roupaxe, cuando non embadurnados coas súas cinzazas, no que consideran un rito de purificación.
Unha das costumes funerarias máis chamativas é a que manteñen os indíxenas australianos. Para algúns aboríxes é tradición despedir aos seus cubríndoos con ramas ata que se espandiran os seus fluidos por completo.
A segunda parte do proceso é recoller e untar os líquidos sobre os membros máis xóvenes coa intención de traspasar as virtudes ás novas xeneracións.
Por si esto fora pouco, os seus familiares quedanse cos seus ósos como abalorios para sentir ao falecido cerca seu o resto das súas vidas.
Os integrantes da tribu Malagasi, en Madagascar, practican o Famadihana, outro dos ritos máis extraños que se coñecen: o regreso da morte. Os seus membros consideran que a alma non pode pasar ao outro mundo ata que o corpo do falecido non se desintegre por completo.
Así que cada sete anos, a fin de comprobar cómo vai este proceso, desenterran aos seus defuntos. E para estar máis en contacto con eles, tras envolvelos en teas, bailan con eles durante horas para celebrar que cada vez están máis cerca dos seus antepasados.
Por razóns obvias, algunhas das tradicións funerarias máis salvaxes están prohibidas. Un exemplo é o Satí. Trátase dun ritual hindú no que as viúvas lanzábanse ao fogo -de maneira voluntaria, en ocasións; outras veces, obligadas-, cando os seus maridos eran incinerados.
Outro exemplo é o rito do pobo Dani de Papúa Nueva Guinea que imperou durante moito tempo nese poboado. Alí os familiares dos mortos amputábanse os seus falanges para facer con eles colares que colgaban do pescozo dos falecidos. A intención era que unha parte deles acompañara ao difunto no seu paso ao máis alá.
Os funerais de jazz en Nova York incluen unha banda de instrumentos de vento que sigue ó féretro ao ritmo de himnos funerais. Unha vez que o corpo “se deposita”, as cancións conmovedoras van convertíndose en música que invita á danza e ao gozo.
A principios do século XIX, a profanación de corpos floreceu como unha forma de satisfacer a alta demanda de cadáveres para a mediciña. As familias instalaban con fecuencia xaulas de ferro arredor dos ataúdes para protexer aos seus seres queridos. A Lei de Anatomía de 1832 legalizou en Reino Unido o uso de cadáveres sen reclamar, o que acabou na práctica.
Nos funerais ghaneses empléanse féretros coa forma de obxectos cotidiáns como coches, animais, zapatos ou froita. A súa elección relaciónase coa ocupación ou as aficións do falecido.
As prácticas do budismo Shudengo sometíanse a un proceso de automomifación. Tras dez anos nos que ivan morrendo de fame lentamente, eran enterrados vivos. Tres anos despois exhumados. Os que conseguiron a momificación eran considerados budas viventes.
Dende finais do século XIX e ata ben entrado o século XX, a fotografía de defuntos, sobre todo de nenos, constituiu un xénero en si mesma.
Aos nenos que morrían retratábanos para conservar a memoria da súa cara vista e non vista. Aos maiores, ademais de por o recordo, adoitábanos fotografar para dar fe do óbito aos familiares que estaban ausentes.
A fotografía post mortem era un documento importante no reparto das herdanzas. Detrás do médico e do cura, o seguinte personaxe ao que algún parente acudía a chamar era ao fotógrafo. Era urxente captar o instante antes de que o rigor mortis apropiásese do cadáver. Volvían andando ou en burro. Máis tarde en coche. O material pesaba, pero había présa por chegar. Para sacar ao morto o máis vivo posible.
Este gasto era máis importante que as flores, máis necesario que a foto da voda, e supoñía un esforzo económico enorme para os máis humildes, que sacrificaban boa parte das ganancias do ano en inmortalizar a serenidade da súa desgraza.
En xeral, as imaxes caracterízanse pola forma delicada en que se presenta aos defuntos. Aínda que non aparecen sentados no seu recuncho favorito, cos seus obxectos persoais e simulando que están durmidos, como noutros lugares do mundo, senón na caixa, con flores e algunha cruz. Non se pretende disimular a morte. Nos primeiros anos case sempre se achega a caixa a unha fiestra para aproveitar a luz".
Fonte | El País, El País