Post date: Jan 9, 2018 8:51:50 PM
En Consuegra, antiga Consabura, un equipo de arqueólogos dedícase a buscar indicios do circo da cidade. Estes arqueólogos da cidade toledana, están seguros de que na antiga Consabura houbo un circo. Crese achar restos na calle Viriato. As investigacións nestes momentos céntranse nun gran muro de opus caementicium situado no extremo dun parque da zona.O proxecto da investigación do circo romano está servindo ademais para acercar ós adolescentes de Consuegra ó mundo da arqueoloxía clásica. Alumnos do IES Consaburum accederán aos restos desenterrados para realizar unha serie de obradoiros dirixidos polos arqueólogos profesionais. Isto servirá para que Consuegra potencie o seu valor turístico e o respecto e coñecemento dos seus propios cidadáns polo legado clásico da cidade.
Fonte e imaxe | ABC