Pompeia reabrirá seis domus polo Nadal

Post date: 19-dic-2015 15:25:55

O próximo mércores 23 de decembro serán inaguradas seis domus situadas no xacemento arqueolóxico de Pompeia. Os traballos foron realizados no marco do Gran Proxecto Pompeia e permitirán a apertura da Fullonica de Stéfano, comercio dedicado a lavandaría e tinturería, a Casa do Criptopórtico, a Casa de Paquio Próculo, a Casa do sacerdote Amandio, a Casa de Fabio Amandio e a Casa do Efebo.Ademáis da apertura das domus, daránse detalles dos avances nos traballos de Gran Proxecto Pompeia. No encontro participará tamén o director Pappo Corsicato e asistiráse a proxección da curtametraxe "Pompei, eternal emotion", realizado pola Rexión de Campania e Scabex para a promoción da area arqueolóxica.Fonte| Napolitoday