A migración indoeuropea entrou en Italia entre os anos 1.200 a.C. e 1.100 a.C. Prodúcese un intercambio lingüístico e cultural entre os pobos invasores indoeuropeos e os antigos habitantes de Italia, que estaba habitada por unha variedade importante de pobos, coas súas linguas respectivas.
Roma era entón unha pequena aldea que pouco a pouco foi dominando territorios.
No 509 a.C. Roma apodérase do Latium (actual Lacio), a rexión central de Italia. Coa toma de Tarento, no ano 272 a.C., Roma completa o dominio de toda Italia. O vencedor impón a súa lingua e os seus costumes aos demais pobos itálicos. Ao remate de todo este proceso o latín acabou sendo a lingua falada en todo o territorio italiano.
Os documentos máis antigos que conservamos en latín non podemos dicir que sexan de carácter literario, xa que a maioría era tratados entre os países veciños, documentos oficiais, cantos rituais, textos de loanza das familias nobres, acordos… etc.
As testemuñas que conservamos deste primeiro latín están nas tres pezas arqueolóxicas seguintes.
A fíbula de Preneste
O lapis niger
O vaso de Duenos
É unha peza datada na metade do s.VII a.C., unha fibela de ouro de 10,7 cm de tamaño atopada en Palestrina (antiga Preneste).
Hoxe en día é considerada o testemuño máis antigo da lingua latina (aínda que a súa autenticidade estivo cuestionada moitos anos).
Na parte exterior presenta unha inscrición que di: Manios med fhefhaked Numasioi.
En latín clásico.
Manius me fecit Numerio,
é dicir, “Manio fíxome para Numerio”.
Unha fíbula (fibela en galego e hebilla en castelán) é unha pequena peza que se emprega para suxeitar as togas.
O arqueólogo Wolfgang Helbig presentou, ante os membros do Instituto Alemán en Roma no ano 1887, unha fíbula de ouro que, según dixo, atopara en 1871 na cidade de Palestrina. O que non explicou foi que el non fora o autor do descubrimento, senón que mercara a peza a Francesco Martinetti (un coñecido traficante de antigüidades).
Cando esta información se fixo pública comezaron as sospeitas de fraude. O feito de que a fíbula tivese a que podía ser a inscrición máis antiga escrita en latín aumentaba as dúbidas. Dita inscrición data do século VII a.C e di: Manios med fhefhaked Numaiosi (Manio fíxome para Numerio).
Fonte | La Brujula verde
Supostamente a fíbula apareceu na tumba Bernadini no 1876 e non no 1871 como afirmara Helgib. Éste tampouco era quen de dicir en que parte da tumba achara a peza. Un arqueólogo contemporáneo seu asegurou que a fíbula fora roubada. Aínda así, a reputación de Helbig foi suficiente e a peza deuse por auténtica.
Sen embargo, en 1980 Margherita Guarducci publicou unh libro no que expuña a teoría de que a inscrición era unha falsificación de Francesco Martinetti, que se puxera de acordo con Helbig.
En 1999 Massimo Poetto e Giulio Faccheti atoparon un vaso cerámico cunha inscrición na que aparecía o xentilicio Numasiana, confirmando así a autenticidade do nome Numaiosi.
Ademais en 2011 un equipo de investigadores levou a cabo novas análises que lles permitiron concluír que, tanto a fíbula como a inscrición, son auténticas. A proba definitiva foron os microcristais de ouro que había na superficie da inscrición, e que só se puideron producir nos séculos posteriores a fundición da fíbula e, polo tanto, imposibles de replicar.
É unha pedra negra que está situada na parte noroeste do Foro, datada nos séculos VI-V a.C.
O Lapis Niger («pedra negra» en latín) foi achada o 10 de xaneiro de 1899. Monumento arcaico-republicano, esta ligado ao mito da fundación de Roma: o gramático romano Sexto Pompeio Festo, do século II a.C., situaba no lapis niger in comitio a tumba (ou o lugar onde morrería) de Rómulo, o primeiro rei de Roma.
Conserva o texto máis antigo escrito en lingua latina coñecido ata o momento, datado cara a 575 a.C. A lectura do texto está suxeita a debate xa que aínda que as palabras son claras, están fragmentadas, o que fai que a súa interpretación sexa máis complicada.
Crese que pode estar referida a unha Lex Sacra do santuario que avisaría dunha maldición para os que violasen o lugar sagrado.
Escritura bustrofédica
O termo bustrofedón designa ao tipo de escritura ou ao modo de escribir que consiste en redactar alternativamente un renglón de esquerda a dereita e o seguinte de dereita a esquerda ou viceversa.
É o tipo de escritura usado no Lapis Niger.
A súa etimoloxía provén do latín bustrofēdon , e éste do termo grego βουστροφηδόν, de βοῦς (bous): "boi" e στροφή (strofí): "volta, xiro".
Fai referencia á traxectoria dos bois cando araban a terra.
(Ver imaxe superior)
Trátase dun texto de tres liñas inscrito nunha obra artesá que consta de tres xerras unidas e que foi descuberta polo arqueólogo alemán Heinrich Dressel en 1880 na cidade de Roma.
Recibiu o seu nome pola primeira palabra da terceira liña, "Duenos", «bo» en latín arcaico, que é a que se puido descifrar coa maior seguridade. Segundo a datación máis aceptada, a inscripción debe ser do século VI a. C., con máis exactitude, ao redor de 580-550 a. C.
A inscrición di o seguinte:
IOVE|SATDEIVOSQOIMEDMITATNEITEDENDOCOSMISVIRCOSIED /
ASTEDNOISIOPETOITESIAIPACARIVOIS /
DVENOSMEDFECEDENMANOMEINOMDVENOINEMEDMALOSTATOD
Soamente podemos facer unha tradución aproximada da terceira liña:
a) «[Un home] bo fíxome con bo propósito [para un home] bo, [que] no me roube [un home] malo».
Fonte: Wikipedia