Post date: Apr 13, 2015 4:33:34 PM
Un rapaz de sete anos de idade da localidade sevillana de Gerena descubriu unha galería romana abandonada, que formaba parte do acueduto que comunicaba o que hoxe é o municipio onubense de Paterna do Campo ca antiga cidade de Itálica, en Sevilla. A entrada do acueduto estaba cuberta por unhas ramaxes que a mantiveron oculta. A pesar dos anos que pasaron dende a súa construción encóntrase en bo estado de conservación. Trátase dun dos condutos que levaban auga á cidade dende dous puntos distintos: o primeiro tomaba o auga dos manantiais do río Guadiamar. No século II D.C. , ampliouse a cidade e levouse a cabo unha nova canalización dende as ' Fontes de Tejada', no término municipal da actual Paterna do Campo.
Fonte: Huelva Buenas Noticias