Post date: Dec 9, 2016 11:25:24 AM
O investigador leonés, Javier Fernández, denuncia que o descubrimento das Médulas encóntrase en perigo xa que a maquinaria pesada dunha empresa privada destrozou unha das explotacións e ameaza a conservación do resto do conxunto, de gran valor cultural, científico e divulgativo, co potencial de reavivar a economía da zona a través do turismo.Fernández loitará por que 20 hectáreas representativas (coñecidas como "El Vallico la Escoba"), das 700 totais, reciban o estatus de Ben de Interés Cultural; xa que éstas hectáreas tamén foron estudiadas con detalle polo xeólogo, e aporta moita información sobre a extración de ouro e a evolución dos traballos mineiros durante a época romana.O investigador defende que o patrimonio é un "revulsivo" para atraer turismo, algo que xa logrou con éxito con actividades como Xeolodía. "O turismo xeológico e cultural, xa que move á xente, pero se o destrúen non servirá para fixar á poboación". Quizás algún día estas minas se convirtan nun parque temático, pero o investigador ten algo moi claro: "A xente non vai vir ata aquí a ver ruinas".
Fonte e imaxe | El Confidencial