Un deus grego de fai 2.500 anos no fondo do Mar Negro

Post date: 26-mar-2017 19:19:18

Un grupo de constructores rusos, que traballaban nunha ponte na Bahía de Kerch para unir as dúas costas, atopáronse coa cabeza da estatua xigante de terracota dun deus grego de 2.500 anos de antiguedade mentres remexían terra dun fondo mariño.

A producción en masa de imaxes de terracota xa estaba moi estendida dendo o s.VI. O habitual era facer pequenas figuras, duns 40 cm. Pero a cabeza atopada corresponde a una estatua máis grande e robusta.

O estudo arqueolóxico do "campo de cerámica" encontrado en Kerch comezou fai uns anos, cando se comezou a deseñar a ponte. Nese tempo, as escavacións subacuáticas permitiron recoller máis de 60.000 pezas, a maioría das cales son fragmentos de vasillas de cerámica feitas no Mediterráneo e Asia Menor entre os séculos V e III a.C.

O estreito de Kerch na antigüidade era coñecido como a rexión do Bósforo Cimerio, e albergaba varias colonias gregas orixe jonio, fundadas durante os s. VII e VI a.C.

Durante máis de dous mil anos foi o principal punto de paso na ruta comercial dende o Mediterráneo ata o Mar de Azov. Os recipientes de cerámica que se danaban eran arroxados ao mar. Por iso, os antigos amarres pouco a pouco foron formando grandes depósitos de cerámica de diferentes períodos.

Fonte e imaxeI La Vanguardia