Despois de realizar un xuramento e completar un período de instrución, a duración do servicio militar variaba entre os 20 anos para os lexionarios e os 25 para as tropas auxiliares.
Neste período esixíaselles unha dedicación plena ao exército: non podían contraer matrimonio nin ter parella.
As condicións de vida eran moi duras: mala alimentación, temperaturas extremas, enfermidades, feridas de guerra, amputacións, etc.
Cando o recrutamento era obrigatorio había procedementos para intentar librarse desta obriga.
A lexión romana foi a unidade militar de infantería básica durante a República e o Imperio, cun salario fixo .
Para poder formar parte das lexions de Roma había que cumprir una serie de requisitos mínimos:
Ser ciudadano de Roma.
A idade de reclutamento podía variar, sobre todo durante as guerras nas que se rebaxaba, pero estaría en torno aos 18 anos.
Una altura mínima de 1,65 metros.
Aunque legalmente no podían casarse, na práctica moitos soldados tíñan esposa e fillos no recoñcidos oficialmente.
os candidatos debían pasar un recoñecemento médico para corroborar o seu bo estado físico.
Algúns para evitar o alistamento facíanse daño físico como, por exemplo: amputabanse os pulgares para non poder suxeitar a espada.
Para abandonar as lexións, vivito e coleando, había tres procedementos: a consecuencia de unha enfermidade ou feridas graves que fixeran ó lexionario inútil (missio causaria), por cometer delitos que provocaran o seu licenzamento con deshonor (missio ignominiosa) e tras licenciarse ao cumplir os 25 anos de servizo (missio honesta) .
O lexionario nunca estaba inactivo. Cando no estaba combatendo tiña que facer fronte a moitas tarefas:
Adestramente físico (marchas, simulacros de loita e asalto, etc.)
Construcións e mantemento do campamento, pontes ou vías de comunicación
Imaxes:
reconstrución dun soldado romano con todo o seu equipamento
soldados romanos en marcha (recreación histórica)
A disciplina era férrea. Debían obediencia cega aos seur superiores, en especial aos centuriones (os sarxentos de instrución da época). Estes non dubidaban en golpear co seu bastón de mando aos reclutas.
Os castigos podían ir dende torturas físicas ata a expulsión ou mesmo a pena de morte. A decimatio consistía en executar a 1 de cada 10 soldados, e aplicábase en casos extremos, como a rebelión ou o motín.
Tras cumprir o servizo militar o soldado licenciábase, convertíndose nun emeritus, un veterán. Recibía nese momento unha cantidade de diñeiro equivalente á paga de 12 anos, ou ben unhas terras en propiedade. Foi moi habitual que estes terreos estivesen agrupados, formando ao final verdadeiras cidades, denominadas colonias.
Os vellos soldados disfrutaban dos últimos anos da súa vida en compaña dos seus camaradas e ao Estado tamén lle conviña a existencia destas cidades poboadas por antigos soldados en caso de revoltas ou invasións.
Un exemplo de colonia formada por veteráns é a actual Mérida, en latín Emerita Augusta, fundada polos soldados veteráns que o emperador Augusto licenciou tralas guerras cántabras que supuxeron a fin da conquista de Hispania.
Como vantaxes o soldado romano tiña a seguridade dun traballo estable e ben pagado e a posibilidade de aprender outros oficios (canteiro, carpinteiro, músico, albanel, etc.).
Podía tamén recibir moitas e importantes recompensas, froito do reparto do botín conquistado aos inimigos.
Unha das principais fontes de información que temos sobre o exército romano é a columna de Traxano, que este emperador fixo construír para conmemorar a conquista da Dacia, actual Rumanía.
Nesta imaxe vemos como levan ante o emperador a Decébalo, rei dos dacios, unha vez feito prisioneiro. Tamén podemos observar os traballos dos soldados na construción das defensas do campamento.
Tamén podes ler as seguintes reportaxes da revista National Geographic: