Abre por primeira vez ao público o Heroon de Eneas en Lavinio

Post date: Jan 14, 2017 10:38:35 AM

O Heroon de Eneas abriu por pimeira vez ao público o 7 de xaneiro. O xacemento cos restos de Lavinio está situado na localidade de Pratica di Mare ( a 53 km ao sur de Roma). A mitoloxía di que esta cidade foi fundada por Eneas, un heroe troiano que lle deu o nome da súa muller Lavinia.O seu orixe romóntase ao s. XII a.C., na Idade de Bronce, coa súa maior expansión no s.VI a.C.

O lugar foi escavado en 1995, onde se encontrou un túmulo funerario de 18 metros de diámetro no que había máis de 60 obxectos pertencentes ao s.VII a.C. A este túmulo os antigos romanos chamábanlle Heroon de Eneas. Un heroon é un santuario que dedicaban para rendirlle culto á figura dun heroe, construída onde se cría que estaban os seus restos.

O historiador grego Dionisio de Halicarnaso,( entre 60 a.C. e 7 d.C.), escribiu sobre o heroon de Lavinio que os latinos levantaron coa inscripción: Ao pai e deus de este lugar, que preside a corrente do río Númico. Pero algúns sosteñen que o heroon foi levantado por Eneas en honor a Anquises (seu pai).

Escavacións subseguintes atoparon no lugar un santuario composto por 13 altares aliñados, máis un decimocuarto descuberto recentemente. Datados nos s. VI e IV a.C., a explicación dos arqueólogos é que Lavinio foi o principal centro relixioso do Lacio e cada altar representa unha das cidades máis importantes da Liga Latina. O xacemento tamén conta cos restos dun antigo templo de Minerva.

Durante a Idade Media, sobre a acrópole de Lavinio levantouse a cidade Pratica di Mare, cuxa propiedade foi pasando dunhas familias da nobreza romana a outras. Finalmente quedou en mans dos Borghese, a quen todavía pertence.

Fonte e imaxe I La bruja verde