Post date: Dec 12, 2014 5:28:41 PM
O cadro en cuestión é o óleo "Pollice Verso" (1872) do pintor francés Jean-Léon Gérôme.
Representa a escena dun anfiteatro no que un gladiador espera a decisión do emperador: morte ou vida do gladiador caído. O pobo, sediento de sangue, saca o puño e estende o dedo pulgar -pollice verso, pulgar virado-.
A interpretación que se fixo do cadro é que este xesto significaba morte. Esta errónea interpretación serviu para que nas "películas ou series de Roma" o xesto do pulgar cara abaixo signifique "morte".
Ata Ridley Scott recoñeceu que tivo en mente este cadro cando dirixiu Gladiator.
A realidade é ben distinta: o xesto que significaba morte era co pulgar cara arriba, a modo de espada desenvainada, e os xestos que significan vida eran co pulgar cara abaixo (a modo de espada envainada) ou co puño pechado e o pulgar oculto. O gladiador caído pedía clemencia estendendo dous dedos (como se representa no cadro).
Imaxe e Información: Historia da historia
Cadro Pollice Verso de Jean-León Gérôme