Post date: Oct 15, 2017 4:27:18 PM
No centro arqueolóxico de Cástulo estanse a realizar unha serie de traballos de escavación e limpeza que comezaron este verán e rematarán en setembro. Son levados a cabo por voluntarios de diversos lugares de España e por participantes do Plan Emplea +30 e Emplea Xove da Xunta de Andalucía.
Entre os descubrimentos feitos destaca o achado do Mosaico das Estrelas, situado na área 2 do xacemento, preto dos Mosaicos dos Octógonos e dos Amores.
Según Marcelo Castro, director do conxunto arqueolóxico, neste ano superáronse todas as expectativas en canto a número de visitantes e avance da investigación, xa que tamén se atopou un alzado de máis de dous metros na parte máis erosionada da Torre Alba.
Por outra banda, mellorou a tecnoloxía e os métodos necesarios para achegar o complexo ao público. Un deles é unha reprodución real que permite ver as escavacións de Cástulo en 360 grados. Esta visita interactiva pode facerse a través da páxina web http://www.roundme.com
Fonte e imaxe | Diario Jaén