Post date: May 9, 2016 5:32:23 PM
Os estudios xeofísicos permitiron localizar os restos da spina e das metae do circo de Roma, así como o lugar onde se levantaba o templo ao deus Conso.
Xa están a piques de rematar os traballos de excavación e restauración, así como tamén os de preparación da zona arqueolóxica, con novos recorridos de visita e mesmo unha terraza panorámica no extremo sur.O obxectivo é que se realice a apertura de todos estes novos itinerarios a finais de xunio.Tamén cabe a posibilidade que nun futuro se realicen experiencias de realidade aumentada, restituíndo á cidade un dos seus lugares símbolicos.
Imaxe e información | La Repubblica