Post date: 14-nov-2017 21:30:59
Novas escavacións realizadas na muralla de Ávila, no marco dun proceso de restauración, datan uns restos achados no século I na Hispania Romana. Tradicionalmente, pensábase que a súa orixe estaba nos séculos IV e V, etapa das invasións bárbaras. A nova foi anunciada esta mañá polo concelleiro de Patrimonio, Turismo e Servicios da cidade, Héctor Palencia.
Palencia destaca a importancia de que se demostrase algo do que xa se falaba pero non había probas. Afirma que tanto na zona oeste como na zona da porta do Alcázar se puido evidenciar que a muralla é do século I aínda que foi reconstruida nunha etapa posterior. A muralla que se pode ver na actualidade foi edificada no s. XI por mandato do rei Alfonso VI. O concello de Ávila sinala que xa se situaba a orixe da cidade no século I mais só se tiñan restos de vivendas ou rúas.
Rosa Ruiz, arqueóloga municipal, recalca a complexidade da muralla pola existencia de contracercas. Eran paredes baixas levantadas diante da fortaleza para dificultar a entrada aos invasores. Engade tamén que esta investigación acaba finalmente coas conxecturas sobre a etapa de construción da muralla.
Para continuar coas escavacións cóntase coas axudas do Ministerio de Eduación, Cultura e Deporte e do consistorio de Ávila. Esta cidade foi declarada Patrimonio Mundial pola Unesco en 1985 e é visitada cada ano por 400.000 turistas.
Fonte e imaxe | El País