Post date: Mar 1, 2015 6:27:48 PM
O Museo Arqueológico de Yecla (MAYE) presenta a que probablemente é xa a súa principal xoia: un busto de mármore do emperador Adriano de 52 centímetros de alto e 25 de ancho.
As primeiras análises indican que a estatua foi realizada no ano 135 d.C, foi descuberta fai uns meses no xacemento dos Torrejones, no que ata hai pouco se cría que era unha vila agropecuaria romana. Agora, a aparición do busto, fai repensar o yacimiento, pois podería significar que existe unha relación entre os donos da vila e a familia Imperial.
A importancia do achado
O achado é importante por dúas razóns, primeiro pola calidade en si da peza atopada, que con toda probabilidade foi realizada nun taller da Roma metropolitana, e segundo, porque abre novas perspectivas sobre o xacemento ieclano, xa que a escultura atopouse nas ruínas do que parece un novo edificio de carácter monumental de importantes dimensións.
O seu emprazamento definitivo:
Desde o día 12 de febreiro e ata o 15 de marzo o busto poderá visitarse no seu novo emprazamento nunha das salas do Museo Arqueolóxico.
Foto e Información: Cadeaser