As linguas do mundo

Introdución

Mapa das familias de linguas no mundo Wikipedia

No mundo existen aproximadamente cinco mil linguas diferentes. A súa distribución xeográfica é heteroxénea. Segundo afirma Enrique Bernárdez no seu libro Que son as linguas?, en Asia concéntranse o 32% dos idiomas, en África o 30%, no Pacífico o 19%, en América o 15% e en Europa e Oriente Medio só o 4%. Hai 9 países que teñen máis de 200 linguas, entre eles destaca Papúa Nova Guinea con 850.

 O 80% dos idiomas son falados por menos de cen mil persoas, como as propias das tribos. 

Os máis estendidos (2022, en millóns de habitantes): 

Clasificación segundo o criterio morfolóxico

Segundo o morfolóxico, é dicir, segundo a súa forma, poden ser:

Monosilábicas                                                                                                                                                

As linguas monosilábicas compóñense de palabras dunha soa sílaba e invariables, xa que non levan elementos flexivos. O seu significado e a súa categoría veñen determinados polo seu lugar na oración, así hai palabras que corresponden unhas veces a un verbo e outras a un adxectivo. Ex.: chinés, siamés, birmano, tibetano.

     Poema de Wang Wei.

Transcrición:

 Kóng shan bù jiàn rén                                   

Dàn wén rén yü xiang                                                  

Fan jing (ying) ru shén lin                                              

Fu zhao qing tai shang







Tradución de Octavio Paz:

Non se ve xente neste monte                                

Só se oen, lonxe, voces                                         

Bosque profundo. Luz poniente:                          

alumea o musgo e, verde, ascende.

Aglutinantes

As aglutinantes son as linguas que agrupan en cada palabra varios elementos (raíces), cada un dos cales ten un significado propio. Os afixos modifican o significado da raíz dependendo do seu lugar na palabra. Distínguense das flexivas en que os morfemas non sufren cambios. Ex.: finlandés, turco, euskera, xaponés, aimara, esperanto...

iskuylankañapkama "mentres (el/ela) estea na escola". Pode segmentarse da seguinte maneira: iskuyla-n(a)-ka-ña-p(a)-kama, onde:

-iskuyla: “escola”.

-na: é un locativo que significa “en”.

-ka: verbaliza o tema iskuylan(a)

-ña :nominalizador que empaqueta o anterior baixo a construción nominal complexa "(o estado de) estar na escola".

-pa:: posesivo de terceira persoa "seu".

-kama: morfema que aquí se traduce por "ata", "mentres"

Flexivas

As linguas flexivas son aquelas que cambian a forma das palabras para conseguir significados ou categorías distintos en lugar de aglutinar elementos. Este cambio conséguese a partir de partículas con significado gramatical chamadas morfemas. 

Divídense a súa vez en analíticas e sintéticas. 

Clasificación segundo o criterio xenealóxico

Introdución

Unha familia lingüística é un grupo de idiomas que deriva dunha mesma protolingua.

As familias orixínanse cando a protolingua da lugar a diferentes idiomas mediante un proceso de diversificación dialectal. Normalmente as linguas dunha mesma familia non se poden entender entre si, pero si se conservan parecidos fonéticos e gramaticais. Son estas similitudes as que permiten reconstruir á orixe común da familia lingüística por métodos da lingüística histórica.

A comparación sistemática das linguas do mundo permite probar conexións entre elas. Moitas veces é posible reconstruir fidedignamente as diversas protolinguas que existiron grazas ao estudo sistemático das familias lingüísticas. Estas reconstruccións parten das similitudes entre os idiomas derivados dun mesmo ancestro lingüístico e tratan de determinar que características gramaticais ou léxicas son resultado da herencia deste.

Familias de África e Oriente próximo

Familias de África e Oriente próximoImaxe | Wikipedia

Familias de Europa e norte, oeste e sur de Asia

Familias de Europa e norte, oeste e sur de AsiaImaxe | Wikipedia

Familias de Extremo Oriente (Asia), Micronesia, Melanesia oriental y Polinesia (Oceanía)


Mapa do Extremo OrienteImaxe | Wikipedia
Migracións pobos autronesios (Oceanía)Imaxe | Wikipedia

Familias de Australia

Familias de AustraliaImaxe | Wikipedia

Familias de Nova Guinea e Melanesia occidental

Imaxe | Wikipedia

Familias de América 

Familias de Norteamérica

Falada dende Dakota do Sur ata Texas xunto co Este das terras de Arkansas e Luisiana.

Familias de Centroamérica


Mapa de CentroaméricaImaxe | Wikipedia

Familias de Suramérica

Fonte de Información | Wikipedia

Familias de SuraméricaImaxe | Wikipedia
A familia indoeuropea é unha das moitas que hai no mundo