Segundo a tradición, o último dos reis que tivo Roma, Tarquinio o soberbio, foi un tirano odiado polos romanos. Despois de acadar o poder asasinando ao seu sogro Servio Tulio, Tarquinio foi o primer monarca que se rodeou dunha garda persoal para protexerse.
Levou a cabo importantes campañas militares en territorio etrusco e tamén realizou obras na cidade como o maxestoso Templo de Xúpiter na cima do Capitolio. Pero as súas victorias e construcións non disimulaban a súa crueldade. O desencadeante da súa caída, segundo a lenda, foi a morte de Lucrecia. Esta honesta esposa foi forzada por un fillo de Tarquinio, Sexto Tarquinio, e tras confesar a súa desgraza ao seu pai e ao seu marido, suicidouse diante deles atravesándose o corazón.
509 a.C
Tras a expulsión de Tarquinio o Soberbio, instáurase un réxime republicano no 509 a.C., onde dous maxistrados (consules) con poder supremo son elixidos anualmente en asamblea popular.
Os primeiros cónsules da República Romana foron Lucio Junio Bruto, fillo dunha irmá de Tarquinio o Soberbio, e Lucio Tarquinio Colatino, marido de Lucrecia.
A escena representa o momento en que sobre as bancadas do templo repousa o corpo sen vida de Lucrecia, chorado por dúas mulleres e rodeado de Lucrecio, Pubio Valerio, Collatino e Bruto, quen collendo un brazo inerte do cadáver e empuñando no alto o seu puñal, xura vinganza contra o rei, propósito ao que responde unanimemente o desenfreado xentío levantando os seus brazos, supoñendo así o fin da monarquía romana.