Post date: Mar 17, 2018 11:40:13 AM
Cerca da cidade de Bemmel, nos Países Baixos, descubriuse un gran cemiterio da elite romana, non rexistrada de forma escrita, mentres estaba a realizarse a construción dunha estrada. Ademais da existencia dunha necrópole que se remonta aos séculos II-III d.C. e que está formada en total por 48 tumbas, tamén se descubriron gran número de artefactos: espellos, obxectos de bronce, cerámicas custosas, etc. Este descubrimento sorprendeu aos científicos principalmente por ter unha profundidade de só 50 centímetros e porque non se sabía que nesta zona houbera asentamentos romanos, menos de romanos ricos e nobres. A escavación realizouse en febreiro pero as autoridades decidiron mantelo en segredo para que os ‘’ladróns de tumbas’’ non se aproveitaran. A finais de abril presentaránse os achados nunha exposición en Bemmel para logo ser levados ao museo da cidade de Nimega. Fonte | RT Actualidad
Imaxe | RT Actualidad