Post date: 25-feb-2016 21:26:24
As pinturas paleocristiás que decoran ás catacumbas romanas dos Santos Marcelino e Pedro poden ser admiradas dende o día 24 de febreiro polo público, despois de seren restauradas ao longo de máis dun ano.
A restauración levouse a cabo con técnicas láser, polo que as pinturas lucen no seu máximo esplendor e volven a mostrar a cor orixinal dos frescos. Un dos sitios máis amplos e valorados das catacumbas é a cripta dos Mártires de Marcelino e Pedro.
Estas catacumbas foron unha zona importante do Imperio Romano, e o seu nome foi citado por primeira vez no "Liber Pontificalis". o libro dos Papas, un manuscrito que inclúe datos biográficos sobre os primeiros pontífices.
O primeiro uso funerario desta zona foi por parte dos membros da comunidade cristiá de Roma.
Fonte: La Vanguardia