A exhumación do anfiteatro de Porcuna revela que é tan grande coma o de Itálica

Post date: Jan 13, 2018 11:51:42 AM

 As catas arqueolóxicas levadas a cabo en Porcuna, revelan que a capacidade do anfiteatro é equivalente ó de Itálica, o que o convirte, xunto ao de Santiponce, no máis grande de España, por enriba dos coliseos de Mérida, Sagunto e Tarragona. Outro aspecto a resaltar é que se encontra nun magnífico estado de conservación.

O equipo de arqueólogos que traballa na exhumación dos restos está sorprendido tanto polas dimensións como polo modo en que a estrutura de este monumento do século I antes de Cristo se conserva ó longo do tempo.

O equipo de expertos, que comenzaron a traballar en xuño, pensaban que o anfiteatro ía estar en peores condicións e que non ía ser tan importante.

De isto que consideren unha gran nova o achado de tramos de fachada de 3 metros en excelente estado. Medio ano despois, a lonxitude é de 6 metros e aínda non se atopou a base da mesma, polo que é aínda  máis longa.

O Concello decidiu invertir nas catas 100.000 euros de fondos propios despois do achado casual dunha parte do anfiteatro cando se levaba a cabo a plantación de xardíns nunha rúa. A aposta económica valeu a pena, pero é insuficiente. O alcalde do municipio cifra en 3,5 millóns de euros a inversión que require a exhumación completa do coliseo.

Fonte | ABCAndalucía

Imaxe | ABC

El Ayuntamiento ha invertido 100.000 euros en la cata arqueológica