Roma converteuse en potencia naval na primeira guerra púnica (264-241 a.C.).
Os romanos sentiron a necesidade de construír a súa propia armada, classis, e fixéronno tomando como modelo unha quinqueremme tomada aos cartaxineses.
E non se limitaron a copiar as naves púnicas, senón que introduciron modificacións na súa fabricación, como o corvus, unha especie de garfo que facilitaba a abordaxe á nave inimiga.
A finais da República, Roma ten unha importante flota militar que lle permite limpar os mares de piratas, que ameazaban as costas e eran un perigo para os barcos de carga romanos.
Existiron varios tipos de embarcacións:
Naves longae, ou navíos de guerra, duns 50 metros, movidos a remo e coa axuda de velas. Segundo o número de ringleiras de remeiros podían ser birremes, trirremes, cuatrirremes, quinquerremes, etc.
Navis onerariae, navíos máis pesados, adicados ao transporte e ao comercio, e provistos dunha gran vela.
Un elemento característico das naves romanas era o espolón, Rostrum, que servía para abrir vía de auga nas embarcacións inimigas; os capturados ás naves inimigas servían de trofeo na tribuna dos oradores do foro, que recibía o nome de Rostra.
completar curso 2017/18
A uns 75-95 metros de profundidade ao noroeste da pequena illa de Levanzo, situada ao oeste de Sicilia, permanecen sumerxidos os restos da batalla naval das illas Egadas (241 a.C.), entre a flota romana e a cartaxinesa, ao final da primeira guerra púnica.
A campaña arqueolóxica efectuada pola Superintendencia do Mar, sacou á luz dous novos espolóns de bronce (rostrum ou, en plural, rostra), que se montaban na proa dos navíos para embestir ao inimigo. Os dous novos espolóns conservan inscripcións púnicas que aínda non foron descifradas.
Encontráronse tamén dez cascos romanos de bronce. Un dos cascos presenta una peculiaridade absolutamente única: un relevo na parte superior que reproduce a pel dun león, un elemento decorativo que podría estar relacionado co mítico Heracles ou Hércules, representado a miúdo cunha pel de león sobre a cabeza. Tamén podría indicar un rol xerárquico no exército romano.