Post date: Mar 17, 2018 3:27:37 PM
Cinco espellos de man de chumbo sen os seus vidreos centrais foron escavados nas ruinas dunha villa romana que funcionou como un centro de produción de cerámica nos séculos II e III d.C. preto de Bulgaria, según explica Kalin Chakarov (director de conservación e escavación do Museo de Historia de Pavlikeni).
A vivenda rural, que pertenceu a un antigo militar romano, foi datada a finais do século I comezos do II d.C. Esta vivenda foi destruída polos costobocos no 170 d. C., logo recostruíuse e por ultimo abandoada para sempre no 235 d. C. (posiblemente polas invasións bárbaras).Os espellos foron atopados xunto moedas romanas e cerámicas nunha estáncia externa á villa romana, e pola estructura cadrada supoñen que era un antigo templo. As cinco pezas presentan as mesmas características e unha inscrición en grego antigo: "alma boa". O director afirma que os espellos son achados templos e fabricados con metais moi pulidos. Os que tiñan unha fina capa de vidro son moi poco comúns na arqueoloxía pola súa fraxilidade.
Fonte: nationalgeographic