Foros Imperiais

Foro de César

Ademáis de derrubar moitas casas privadas e realizar grandes obras de escavación, César tivo que empregar grandes sumas de diñeiro procedente da conquista da Galia para construír este foro. 

Templo de Venus Genitrix 

O monumento máis importante del era o templo de Venus Genitrix, prometido á deusa polo propio César en véspera da batalla de Farsalia contra Pompeio. Foi inaugurado no ano 46 a.C. e nel se depositaron grandes obras de arte.

Reconstrución do Templo de Venus Genitrix


Foro de Augusto

Foi inaugurado polo emperador no ano 2 a.C. nuns terreos da súa propiedade. Foi creado dada a saturación dos outro foros para cerimonias oficiais (toma de toga viril, reunións senado, ofrendas militares, etc). Tiña un alto muro na parte posterior para protexelo dos incendios e para quen non se vira o barrio pobre, a Suburra.

Templo de Mars Ultor

Este templo era o edificio principal do Foro de Augusto. A decisión de construílo foi tomada por Augusto cun voto feito a Marte no ano 42 a.C. na véspera da batalla de Filipos contra Bruto e Casio, asasinos de César, de ahí o seu epíteto Ultor, "Vingador". Construído en mármore de Carrara tiña 8 columnas na fachada e outras tantas nos laterais. Nesta reconstrucción (ó pasa-lo rato) podemos observar o lugar que ocupaban as tres columnas que quedan hoxe.

Reconstrución do Templo de Mars Ultor

Foro de Traxano

Foi o último pero tamén o máis suntuoso e espectacular dos foros imperiais. Tiña unha gran praza rectangular, flanqueada por pórticos con columnas no centro dos cales abríanse dúas grandes exedras ou hemiciclos. No fondo unha impoñente basílica, a Basílica Ulpia.

Basílica Ulpia

Chamada así polo nome da familia do emperador. Adosados á basílica había dous edificios simétricos cunha biblioteca latina e outra grega; entre elas a magnífica columna traxana.

Biblioteca Ulpia no Foro de Traxano (Ilustración de James E. Packer)

Exedra de Traxano

A gran exedra dos Mercados de Traxano albergaba ós postos dos comerciantes na Antigüidade. 

Foi construída segundo os planos do arquitecto Apolodoro de Damasco

Aquí concentrábanse decenas de tendas que vendían productos alimenticios e realizábanse as ocasionais distribucións de cereais á plebe.

Era unha especie de centro comercial da época.

Columna Traxana

Monumento conmemorativo da victoria do emperador sobre os Dacios, pobo que ocupaba a actual Romanía, é unha das fontes documentais máis importantes sobre o exército romano. Situada no foro de Traxano, pódense apreciar tamen os fustes das columnas da basílica Ulpia.

Momentos da vida do exército (detalle)

Captura de Decébalo, o caudillo dacio (detalle)

Para saber máis da columna de Traxano consulta este artigo de National Geoghaphic  e este gráfico interactivo 

Urbanismo