Post date: Jun 4, 2017 10:08:44 PM
Durante a primeira etapa de reconstrución do que fora considerado durante moito tempo o arco de Xano, no Foro Boario, atopáronse as letras COS gravadas nun bloque da escaleira que conduce ao ático. Estas letras demostran que en realidade era un arco honorífico dedicado ao emperador Constantino polos seus fillos.
A restauración está sendo posible grazas á donación de 315.000 dólares de World Monuments Fund, American Express e a Superintendencia Especial para a Arqueoloxía, Belas Artes e Paisaxes de Roma.
Xa se puido estudar o estado de todo o arco, agora quedan por resolver todos os problemas da deterioración causados principalmente polos axentes atmosféricos e o roubo durante séculos das pezas de metal dos bloques.
Mentres a restauración continúa, xa se celebrou unha noite de Luce al Foro Boario, unha apertura excepcional ao público e unha semana de visitas boarias. Espérase que no futuro o arco poida ser visitado como antes do atentado de San Giorgio in Velabro en 1993.
Fonte | Daniela Giammusso en ANSA
Imaxe | ANSA