Post date: Jun 6, 2018 3:15:43 PM
Un equipo de arqueólogos serbios descubriron un sarcófago romano no sitio arqueolóxico de Viminacium, cerca de Kostolac, en Serbia. Estableceuse un campamento militar no século I d.C . O sarcófago contiña 2 esqueletos, o de un home alto de mediana idade e o de unha muller máis xove. A muller foi enterrada con un magnífico enxoval funerario que contiña: perfumes, pendentes de ouro, un colar, un espello de plata e pinzas de pelo. Xunto o home conservábanse a fibela dun cinturon de prata e os restos dos seus zapatos. A antiga cidade de Viminacium tivo foros, pazos, templos, anfiteatro, hipódromo, baños e obradoiros, acuedutos e fortificacións. Fonte e imaxe | National Geographic