Cádiz reencóntrase co escenario máis antigo de Hispania

Post date: Oct 7, 2016 4:39:46 PM

O pasado 22 de xuño, o Teatro Romano de Cádiz (que cumpre máis de dous milenios) abreu as súas portas ao público despois de seis anos en obras. O Theatrum Balbi é un dos espazos culturais e turísticos máis importantes da cidade, así como o espazo escénico romano máis antigo da península e o segundo máis grande de Hispania. 

O teatro, datado no século I a. C. e cun aforo de 10.000 espectadores, consta dunha galería que se sitúa baixo as gradas, dous vomitorios (dos cales un é transitable) e, aínda que eso só é un 30% do teatro (o resto continúa baixo terra), é posible apreciar que tamén existe unha orchestra e unha scenae frons que seguen enterradas. 

Na primeira hora de apertura ao público, o teatro gaditano foi visitado por ata 100 persoas, a maioría delas veciños de Cádiz.

Fonte e imaxe | El País