Post date: Nov 11, 2017 6:26:18 PM
Un grupo de arqueólogos da Universidad de Cambridge atopou un reloxo solar de 2.000 anos de antigüidade intacto nun xacemento na antiga colonia romana de Pignataro Interamna, no centro de Italia. Foi atopado mentras se escavaba nunha zona fronte á entrada do antigo teatro. Os expertos creen que puido quedar abandonado cando o pobo comezou a ser desmontado na época medieval.
Os investigadores aclaran que o mantemento do reloxo ao longo dos anos permitiu descifrar os textos latinos inscritos con información sobre a súa fabricación.
Tamén mencionan que quedan poucos exemplares deste tipo de reloxo de sol e que só un puñado levan unha inscrición, polo que se trata dun achado importante.
Fonte e imaxe | ABC