As cestas de Nadal

Post date: Dec 13, 2014 9:23:15 PM

É unha costume navideña que se instaurou a mediados do século XX pero que está inspirada nuna tradición da época romana. O seu orixe provén da Antiga Roma, naquela época tiña lugar a sportula, que consistía no reparto de comida nun cesto. Solíanse incluir figos secos, ramas de olivo, follas de laurel e unha mensaxe cos meiores desexos grabados en pequenas lámpadas. O orixe da sportula atopámolo nunha cesta de mimbre ou esparto, de donde procede o seu nome, usada para transportar os alimentos á mesa. Pouco a pouco, o término sportula destinouse a calqueira agasallo, donación ou recompensa. Ao longo do mes de decembro tiña lugar unha espórtula, coincidindo coa Saturnalia, unha das festividades máis importantes do calendario romano en honor a Saturno. Tamén era típico dos romanos que, durante estas festas, se regalaran entre amigos e familiares obsequios tales como agasallos, velas ou figuras de barro. No caso dos escravos, recibían racións extras, tempo libre... Un pouco máis tarde este reparto foi substituido por unha pequena cantidade de diñeiro. Máis de 1500 años despois da caída do Imperio romano retomamos aquela tradición, comezando a regalarse, a día de hoxe, cestas de Nadal.

Imaxe e texto