Post date: 11-oct-2016 8:12:42
O Concello de Baena organizou en Torreparedones unha recreación histórica dunha visita da V Cohors Baetica no século IV. Para preceder a recreación organizouse un arqueódromo no parque e talleres de arqueoloxía. Sobre as doce comezou o desfile. Empezou cun culto a Isis, xa que tiña moitos seguidores na época representada. Despois, procedeuse a explicación da vestimenta e armamento dos soldados romanos. Para rematar, representaron algunhas formacións de combate, tanto de defensa como de ataque, que usaba esta lexión.Tras a recreación, os mais de 200 asistentes degustaron algúns alimentos propios da gastronomía romana, coma o mulsum (vino especiado e macerado en mel), un salmorexo romano sen tomate e o puls (unha especie de bebida isotónica a base de auga, vinagre e sal).
Imaxe: La Túnica del Neso
Fonte: ABC