O circo romano de Tarragona estrea area

Post date: May 16, 2015 9:06:28 AM

O Circo romano de Tarragona acaba de estrear area e un noiro vexetal na parte da cabeceira. Trátase dunha pequena actuación que se suma ás que xa se fixeron con anterioridade na zona da Porta Triumphalis ou na das gradas que hai na rúa Trinquet Vell, que tamén foron obxecto dunha intervención no actual mandato de Josep Fèlix Ballesteros.

En concreto, esparcíronse 160 metros cúbicos de area, en diferentes capas superpostas, polo que agora atópase ao nivel orixinal que tiña dous mil anos atrás. Tamén se limparon as pedras da contorna, formouse un noiro vexetal para mellorar paisaxísticamente o espazo, e instalouse un panel informativo na baranda que hai diante do local da Colla Jove. Todo iso supuxo un custo de 42.000 euros.

A tenente de alcalde de Patrimonio do Concello de Tarragona, Carme Crespo, recordou que é a última intervención neste ámbito dentro do presente mandato e que completa un proxecto que foi ambicioso. Segundo manifestou non é de gran envergadura pero si importante para dignificar esta zona do Circo romano.

                        Fonte |  La Vanguardia