Atopan restos romanos na rúa Rectoria de Gavà (Barcelona)

Post date: Mar 18, 2017 3:07:22 PM

Os restos romanos atopáronse en Gavà a raíz dunhas obras que debían facer construtores da empresa Tubal na rúa Rectoría. Ao ver que aparecían certos materiais, os traballadores solicitaron os servicios dun grupo de arqueólogos, dado que se trataba dunha zona patrimonialmente protexida.Durante as escavacións atopárose restos de época romana correspondentes á vila xa documentada. Según o arqueólogo responsable dos traballos, Juan García, “atopáronse dúas zonas diferenciadas. Unha, con descubrimentos de pavimentos de época romana, e outra máis xunto á rúa, coa presenza de diferentes muros de etapas diferentes”.Os arqueólogos da empresa ArqueoVitis SCCL, precisan que “o muro máis longo podería corresponderse cun lagar de viño, mentres que os muros restantes serían de anos anteriores e haberá que investigar a súa funcionalidade”. Agora hai que rematar de estudar o material atopado e concretar a cronoloxía, aínda que parece que data de entre os séculos I e III despois de Cristo e podería formar parte dun espazo dedicado ao transporte e exportación de viño.

Fonte e imaxe | El Periódico