Post date: 22-feb-2017 16:32:00
Un gran teatro e uns baños públicos romanos saíron á luz na antiga cidade de Hippos-Sussita, un dos sitios arqueolóxicos máis importantes de Israel. Entre os achados que se atoparon nesta cidade, destaca a máscara do deus Pan (deus dos pastores e dos rabaños) en 2015. "Primeiro descubrimos a máscara de Pan, despois unha entrada monumental que conducía ao que supoñíamos que era un gran recinto público, un santuario. E este ano atopamos uns baños públicos e un teatro na mesma ubicación, ambas instalacións asociadas con deuses como Asclepio, deus da mediciña, Dionisos, deus da vide e das festas e Pan", afirmaba Michael Eisenberg, o director das excavacións da Universidade de Haifa.
Cabe destacar que tanto os baños coma o teatro non foron construídos para o entretenimento dos cidadáns, senón que era un lugar no que se levaban a cabo diversos rituais.
Eisenberg conclúe dicindo que todos os achádegos suxiren que isto era un gran santuario situado fóra da cidade, algo que cambia completamente todo o que sabíamos sobre Hippos-Sussita. O máis probable é que no último espectáculo da cidade, asistiran miles de persoas a un acto de veneración cara algún dos deuses do panteón, onde os espectadores observaban e escoitaban aos sacerdotes ata que entraban nun acto de éxtase e catarse.
Fonte e imaxe I National Geographic