Post date: Nov 12, 2014 8:51:10 PM
O ministro de Cultura de Italia, Dario Franceschini, apoiou este domingo unha proposta para reconstruír o chan do Coliseo de Roma que permitiría aos visitantes camiñar pola estrutura onde unha vez loitaron os gladiadores. Na antigüidade, construiuse un chan de madeira cuberto de area sobre os túneles a través dos cales animais, loitadores ou actores saían á palestra. Durante máis dun século, esta estrutura subterránea permaneceu exposta.O arqueólogo italiano Daniele Manacorda suxeriu en xullo que se debería volverse colocar un chan no Coliseo, que permitiría
aos turistas aprecizar mellor a construción e que así o Coliseo volva utilizarse para acoller eventos.
O ministro de cultura a través da súa conta de Twitter dixo que lle gustaba moito a idea do arqueólogo, e recalcou que todo o que fai falta é un pouco de valor para que o proxecto se leve a cabo.
O Coliseo está actualmente sendo restaurado por iniciativa privada, un de tantos proxectos creados en Italia para salvar a súa herdanza cultural agora que se reduciu a partida de diñeiro estatal .
* Imaxe de La Túnica de Neso e información de La Vanguardia