Índice
O proceso educativo comezaba cando os nenos eran aceptados polo pater familias a través dun proceso denominado tollere liberos (onde o paterfamilias levantaba en alto ao bebé)
Das nenas dicíase que eran pequenas ata que casaban, cando pasaban a ser consideradas adultas.
A familia era o núcleo da sociedade Romana.
Os proxenitores eran os encargados da educación dos seus fillos e da transmisión do Mos maiorum, "os costumes dos ancestros", as normas e tradicións dos seus antepasados.
A educación en Roma nunca foi pública senón privada. O seu sistema educativo, tal como o coñecemos nos tempos da República e do Imperio, foi unha copia do sistema grego. As autoridades romanas non organizaron nunca ningún sistema estatal de educación, e cando na época do Imperio o Estado se empezou a interesar na educación, o único que fixo foi subvencionar un sistema que xa se establecera grazas á iniciativa privada.
O feito de que os romanos adoptasen o sistema grego tivo gran importancia histórica. Ademais, por moi literalmente que o calcaran, souberon darlle certo carácter romano. O proceso no que Roma aceptou os métodos educativos de Grecia foi descrito por Horacio na súa famosa sentencia, que facía referencia á supremacía cultural de Grecia sobre Roma, educación incluída:
Graecia capta ferum victorem cepit et artes intulit agresti Latio:
"Tras caer Grecia cautiva cautivou ao seu feroz vencedor e levou as súas artes ao rústico Lacio".
Plinio cóntanos como ao principio os nenos romanos aprendían dos seus maiores:
"Solían aprender os romanos dos seus maiores non só escoitándoos, senón, ademais, observando o oficio ao que eles mesmos se ían adicar. Nos primeiros anos da súa xuventude iniciábanse no servicio militar. Logo, ao presentarse como candidatos para cargos públicos, permanecían de pé xunto ás portas do Senado observando aos consellos de Estado antes de formar parte deles. Cada un tiña por mestre ao seu pai, e se era orfo, faría este papel o pai máis ancián e distinguido dos seus amigos."
Pero no século II a.C. Roma entrou en contacto coa civilización grega. Os mestres gregos foron a Roma e os latinos aceptáronos con gusto.
O contraste entre o método novo e o antigo aprézase nas páxinas nas que Plutarco describe a educación que Catón e Emilio Paulo propocionaron aos seus fillos. Ao fillo de Catón ensinouselle a ler, a nadar, a loitar, a montar... e en todas estas asignaturas fixo de mestre seu pai. Porén, Emilio Paulo contratou a gramáticos, filósofos e retóricos. O xove, que disfrutou dos beneficios da refinada educación grega, pasou á historia co nome de Escipión Emiliano. Éste foi o home a quen Cicerón considerou como modelo de cidadán, pois combinaba as tradicións romanas coa cultura grega.
Os gregos eran conscientes da súa superioridade cultural e ensinaron en Roma na súa propia lingua. Os romanos copiaron aos gregos desenvolvendo unha réplica da gramática e retórica gregas. A gramática latina comprendía o estudo da literatura xunto co da lingua, pero nunca gozou do prestixio da grega.
Retórica romana
Houbo unha primitiva oratoria en Roma, que propugnaba un estilo natural, totalmente latino. Os oradores improvisaban os seus discursos máis preocupados polo contido do que expoñían que pola forma, tal e como expresa a seguinte frase atribuída a Marco Porcio Catón, representante desta corrente:
Rem tene, verba sequentur, ("Domina o tema, seguirán as palabras")
Con isto quere decir que se dominas o tema que vas a tratar no teu discurso as palabras sairán soas, sen necesidade de aprender antes as regras da retórica, que é a disciplina que nos ensina a construír un bo discurso e a falar diante dun auditorio para, sobre todo, convencelo (persuadere en latín).
Cando as conquistas dos séculos III e II a.C. permitiron ós romanos coñece-la cultura grega, a retórica foi acollida con entusiasmo pola nobreza filohelena; pero tamén caeu baixo as sospeitas da facción conservadora, que consideraba a elocuencia como una ferramenta coa que manexar facilmente ó pobo, e que logrou que se promulgara un decreto polo que se expulsaba de Roma ós retores gregos (161 a.C.), e logo, ós romanos (92 a.C.).
Finalmente os mestres de retórica volveron a Roma, e esta arte acabou por formar parte, xunto coa gramática, dos plans de estudios dos mozos da nobreza, con vistas á súa preparación para a carreira política ou o exercicio da avogacía.
Bibliografía
Los romanos, J. P. V. D. Balsdon Nº REX. 13003
La Villa de los Papiros, Casa del Lector Nº REX. 17913
A locución latina mos maiorum ou o seu equivalente en plural, mores maiorum tradúcese como "o costume dos devanceiros". De alí enténdese o mos maiorum como un conxunto de regras e de preceptos que o cidadán romano apegado á tradición debía respectar.
Os mores eran de feito as regras da comunidade romana arcaica, os costumes e usanzas que facían do romano un civis (cidadán) se as seguía con respecto, sendo esta a maior herdanza deixada polos proxenitores e a transmitir aos descendentes. Na súa totalidade eran tamén símbolo de integridade moral e do orgullo de ser cidadán romano e por iso, a miúdo se contrapoñían aos costumes helenizantes e ás correntes de pensamento asiáticas.
Os valores que se esperaban dun cidadán romano (civis romanus) eran os seguintes:
Fides
Lealdade, confianza, fiabilidade e credibilidade.
Pietas
Mantemento das relacións de xeito dilixente e moral. Sacrificio e execución recta do ritual.
Religio e Cultus
Religio é a unión entre deuses e mortais, tal e como se desenvolvía nas prácticas relixiosas tradicionais.
Cultus era a observancia constante e correcta realización dos rituais. A práctica relixiosa neste sentido debe diferenciarse da pietas e moralidad inherente.
Disciplina
O carácter militar da sociedade romana suxire a importancia da disciplina e a súa relación coa educación, adestramento, disciplina e auto-control.
Gravitas e Constantia
Gravitas foi reverenciada como auto-dominio.
Constantia era constancia ou perseveranza. Un "bo" romano requiría mostrar unha fachada imperturbable.
Virtus
Derivada da palabra latina vir (home), a virtus constituía o ideal dun verdadeiro varón romano.
Dignitas e auctoritas
A Dignitas era reputación e o aprezo que lograba unha persoa polos seus méritos.
A auctoritas era o poder e o respecto que emanaba dos homes que exercían un cargo público, ben sexa como sacerdotes, maxistrados ou senadores.
Amósase á nosa vista un dos mellores exemplares da epigrafía funeraria que se exhibe neste museo, no que ingresa en 1995. A estela, conservada na súa integridade, procede do lugar de Crecente, San Pedro de Mera (Lugo) e foi labrada en granito fino. (...)
Ocupa a parte superior, nun campo reafundido, un retrato familiar composto por catro personaxes, un home de pé, dúas mulleres sentadas e, sobre o colo da situada á esquerda, un neno. Os retratados visten túnicas longas de manga curta cruzada por unha toga ou pano arroiado sobre o ombreiro dereito. Dos bordes da súa vestimenta penden unha especie de flocos de adorno. Os personaxes femininos e o neno adórnanse cun colar de contas dunha volta e pulseira de dous aros. O neno sostén, ademais, unha pelota na súa man esquerda e un aro na súa dereita. O terceiro sector corresponde ao tocón enterrado para asegurar a peza en terra.
Á parte do seu valor epigráfico, esta peza constitúe, a non dubidar, un interesante documento histórico dos primeiros momentos da ocupación poboacional da contorna de Lucus Augusti, pois está datada a mediados do s. I d. C.
E, como non, destaca, sobre todo, por constituír o magnífico primeiro retrato dunha familia galaica ao completo.
Podemos identificar os personaxes a través da inscrición do sector central da peza no que se consigna un epígrafe funerario organizado en seis liñas, en capital romana de correctos trazo e disposición, do seguinte tenor:
APANA • AMBO
LLI • F(ilia) • CELTICA
SVPERTAM(ARICA)
[ ) ] • MIOBRI
AN(Norum) • XXV • H(ic) • S(ita) • E(st)
APANVS • FR(ater) • F(aciendum) • C(uravit)
Apana, filla de Ambolo, de pobo dos Célticos Supertamáricos
(por encima do río Tambre, da parentela (ou do castelo) de Miobri.
Morta aos 25 anos.
Aquí está enterrada.
Apano, o seu irmán, mandou erixir este dedicatoria.